25/10/2013
O martes 22 de outubro tiña lugar a novena reunión da mesa de negociación do convenio do Metal da provincia da Coruña, na que unha vez máis a patronal presentou unha proposta absolutamente regresiva en termos económicos e que supón unha aposta decidida pola desregulación do sector, afondando máis na regresiva reforma laboral aprobada polo PP. A CIG-METAL chama aos traballadores e traballadoras do sector a dar a batalla na defensa dos dereitos adquiridos e dos salarios
22/08/2013
Traballadores/as, responsábeis da CIG e da CUT e unha deputada do BNG terán que comparecer nos xulgados o vindeiro día 4
22/08/2013
A Coordinadora da Automoción da CIG continúa as accións de denuncia das contratacións masivas por parte de empresas de traballo temporal neste sector. Logo da primeira mobilización o pasado 26 de xullo ás portas de Denso, desta volta delegados/as e traballadores/as concentrábanse este día 30 en Faurecia-Asientos de Galicia, no polígono de Valadares, para transmitir a necesidade de por fin a estas prácticas que consideran “en fraude de lei”.
22/08/2013
O venres 26 de xullo, coincidindo co acto de conciliación de dous traballadores que foron despedidos o pasado día 28 de xuño, ex traballadores/as da planta realizaron unha concentración diante das oficinas do SMAC da Coruña para denunciar, “unha vez máis, a inxustiza que supón o ERE e o peche das instalacións da Coruña”.